GALIZANOVA EUSKAL HERRIA
 

COLABORADORES DE GALIZANOVA EUSKALHERRIA

Silvio Falcón
Image 
resp.gznova barcelona

Actos do BNG:



O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, participa esta fin de semana como convidado do PNV nos actos do Alderdi Eguna en Euskadi. O domingo, día 27, asistirá ao acto político que se celebra nas campas de Foronda, en Gasteiz.O senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza asiste tamén en representación do BNG esta fin de semana ao Congreso de Aralar


Galiza Nova participa da presentación pública da Plataforma Queremos Galego!
Publicado o 18/09/2009 ás 12:46:28 en Xeral
 
Galiza Nova participou esta mañá na presentación a nivel nacional da plataforma Queremos Galego. Esta presentación tivo lugar no Casino de Santiago e a ela asistiron diversas entidades da plataforma a nivel nacional e tamén persoas a nivel individual. Así mesmo participou desta rolda de prensa Xurxo Souto, que será un dos portavoces públicos da plataforma Queremos Galego. Ademais da posta en marcha da plataforma en toda a xeografía galega, anunciouse as próximas actividades que consistirán na presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular e na convocatoria dunha manifestación para o 18 de Outubro. Galiza Nova vén participando da plataforma dende a súa fundación a nivel nacional e tamén nas comarcas e agarda que sexan moitas as mozas e mozos que se sumen a este traballo na defensa do galego
Volven as Xornadas de Verán! Este ano en Allariz-A Limia.
Publicado o 19/09/2009 ás 11:53:47 en Xeral
Como vén sendo tradición, Galiza Nova celebra as Xornadas de Verán, tres días cheos de actividades, convivio, formación... Este ano a Dirección Nacional aprobou que se realizasen na comarca de Allariz-A Limia os días 25, 26 e 27 de setembro. As xornadas só custan 15 € e inclúen os desprazamentos en bus, as actividades, os xantares e as durmidas. Se desexas asistir só tes que enviar un correo electrónico ao nacional@galizanova.org. Sairá un autobús dende Compostela. No caso de que sexas doutra localidade do país e teñas dificultades para desprazarte, coméntao no mail pero non fiques na casa e vén as Xornadas de Galiza Nova. Vai a ler máis para ver o programa
    XOSE ANXO CID BORRAJO

Responsable de gznova euskalherria

Responsable de organizacion do  BNG en Euskalherria



 




 
 GALIZANOVA   EUSKAL HERRIA


 
VISITANTE NUMERO 4936 visitantes
WEB GALIZANOVA EUSKAL HERRIA, UNETE A NOS¡ Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis